Megalodon é unha versión modificada da app Mastodon Android oficial que inclúe varias características que non están na aplicación oficial, como a cronoloxía federada, publicacións non listadas e ver a descrición das imaxes. Características principais - Publicación non listada: Publicar de xeito público pero sen que apareza nas tendencias, cancelos ou cronoloxías públicas. - Cronoloxía federada: Ver as publicacións públicas das persoas que forman a túa veciñanza no Fediverso ao estar federadas coa túa instancia. - Borradores e programación: Permite preparar unha publicación e programala para enviala automáticamente na hora indicada. - Ver descrición de imaxes: Comprobar rápidamente se unha imaxe ou vídeo inclúe un texto descritivo. - Responder aos seguimentos: Aceptar ou rexeitar as solicitudes de seguimento desde as notificacións ou a lista dedicada Solicitudes de Seguimento. - Eliminar e rescribir; A función tan desexada que permite a edición sen realmente usar a función editar. - Indicador de visibilidade: Ao abrir ou responder a unha publicación verás unha icona que indica a visibilidade da publicación. - Decorados: Se non che gusta a cor Rosa por defecto (a quenlla mírate de esguello), os decorados de cores de Moshidon permítenche cambialo. - Mellor compatibilidade: Para aqueles que están en servidores Glitch ou Akkoma, Megalodon ofrece varias funcións e melloras adicionais.